Capítulo Primeiro
Un caloroso horizonte marcaba os trazos dunha perfecta tarde de verán, ata que o lonxe, eu mais os meus compañeiros divisamos,aos poucos, a sinistra silueta do terrible home da motoserra, simulando aquela desagradable película que aterrorizou os nosos pequenos corazóns nos oitenta. Estes empezaron a palpitar cada vez mais forte, a ansiedade e o medo empezaba a corroernos por dentro.
Cada axigantado paso que aproximaba cara nos, sentiámolo como si fóraa conta atrás, dun ultimo minuto na nosa existencia. Empezamos a correr atemorizados, cara o refuxio de inmigrantes ilegais localizado a varias xardas de alí, Un suor frío deixábase notar en cada zona porosa do noso corpo, as palpitacións seguían gañando velocidade debido ao grande esforzo da interminable carreira que estabamos a levar.
A motoserra comezaba a ruxir, soaba como si as almas de miles de pobres decapitados, estiveran a berrexar tartamudeando con cada gota de gasolina que lle escupia o inxector da mesma.
Capítulo Segundo
Pasado o tempo chegamos a beirarua, que enlazaba ca nacional 525, xa case co fígado nas mans de tal sofoco, demos un ultimo esforzo en chegar ao refuxio, aínda que as penas foron en vano, polo menos, para o meu querido compañeiro Cassano, que resbalou na cascara dunha noz, e axiña interceptado polo "Terrible home da Motoserra", o cal sen ningún reparo, arrincoulle nun intre parte dun brazo e mais longo a cabeza, como si dun terneiriño leitoso se tratase.
As nosas miradas representaban un pánico xeneralizado, imposible de contar con palabras, as bagoas caíannos a gota fría, deslizándose polas arrugosas curvas da nosa face ata poder saborealas chegando ao paladar.Medias doces e media salgadas, parte delas debido a masacre do noso amigo, e outra ben grande polo frío vento en contra que recibiamos aloxándonos daquel pantano sanguento.
Capítulo Terceiro
Dando unha volta atrás no tempo, cando eramos nenos, catro grande amigos, unidos nunha amizade perfecta, encontrabámonos xogando no taller do pai de Xoaquín, que anos atrás fora torneiro. Entra tanto acíbache, pasabamos horas e horas, sen alcanzar nunca aburrimento, en cada pequeno parafuso e en cada sinistra ferramenta, nos buscabámoslle unha utilidade moi diferente a do seu propósito. Luís, o mais envidiado do grupo polas súas dotes de manitas, era capaz de fabricar unha escopeta ca cana dun amieiro, incrible pero certo, sempre a fozar en todo, buscándolle un uso intanxible as cousas, algunhas veces algo macabro , que ata nos facía dudar da súa cordura; armouse unha noitiña, de sulfatadora e 15 litros de gasolina no seu interior, disposto a queimar o palleiro no que algún de nos xa pasara bos momentos, ca Carmiña, a que hoxe era túa, maña miña... Corrompido no seu interior, por que ela nunca se acercara a súa beleza interior; "Por que o pobre era feo como o Demo"; prendeulle lume a lanza, e empezou a chufar combustible ardendo, por toda a herba seca que alí se encontraba. Inda nos botámonos unhas risas a súa conta, aínda que días despois apareceu o cadáver da pequena Carmiña, chamuscado completamente, pero aínda conservando as xoias que a súa nai lle regalara pola 1ª comunión. Dende aquel dia Luís marchou do pobo e ninguén tivo nova ningunha del nunca máis ....
Capítulo Catro
Por fin chegamos ao refuxio de inmigrantes ilegais, nunca na vida estibemos tan ledos de encontrarnos con centos de persoas de outra raza e relixión como hoxe.
Aínda que con tal mala pata, o carallo dos musulmáns estes marcharan todos para a Meca, e non había nin unha alma que puidera abrirnos aquela pesada porta aceirada, que se mostraba erguida e firme cara as nosas olladas angustiadas. Xa so quedabamos tres, Brais, Xanela e máis eu que por si non sabedes chámome Manuel; miramos cara os lados, sorprendidos de que cesara aquel estrondo canto, daquela perigosa arma motorizada. Pese a todo non nos sucumbiu un gran alivio, xa que desa maneira non sabiamos por que trazada nos ia sorprender o posible algún dia amigo noso "Home da Motoserra". A noite estaba entrando, o camiño atopábase completamente baleiro, os curuxos non eran capaces de cantar por medo a morte, os grilos camuflábanse nos coiros dos grandes amieiros, e a lúa parecía non querer brilar intensamente como sempre o fixera... todo se daba a entender que ia a ser unha noite fatídica digna dunha novela de Stephen King.
Capítulo Quinto
00:15 Horas Lugar: Monte de Baronzas
Aloxándonos agarrados da man, fomos introducindo as nosas almas, alleas ao perigo que se caldeaba no ambiente, no escuro monte de Baronzas; iluminado soamente pola pequena e incandescente lumeira do cipo da Xanela, o cal nunca faltaba para queimar eses pequenos anacos de droja escura, que sempre enfatizaban de risas as súas tardes de soidade, a carón da morta cerdeira que sustentaba parte da estrutura, dunha podre caseta abandoada.
Canto mais nos adentrabamos nel, mais calmada parecía a escura noite, mas rápido comezaban a baixar os latidos dos nosos grandes corazóns;corazóns repletos de bondade e amor, dispostos a sobrevivir dese aterrador asasino de xente mundana, xente allea as políticas, as corrupcións, aos crimes... xente allea a maldade.